xoves, 21 de novembro de 2013

Trenco perdido (e III)

Vén do capítulo anterior
Xa mencionei que sentía un desprecio personal polos corredores, pero en realidade o problema que lles vexo está moito máis xeneralizado.
Recordo que nos contaron na visita de obra á A-8 que cambiaran a saída orixinal da Espiñeira por si se facía un corredor a Viveiro. Esto pasou a principios da década pasada, e supoño que sería unha boa idea. No momento parecéunolo, pero ese era o clima. Nas clases ensinábannos que as infraestructuras eran focos de crecemento, que as boas conexións atraían negocios por si mesmas, que os presupostos dos proxectos se cadraban co futuro beneficio social. Si lo construyes ellos vendrán
O problema é ese optimismo, a busqueda da profecía autocumplida O planteamento detras dos corredores semella razonable: faise a plataforma coas dimensións dunha autovía, deixando construidas tódalas estructuras, pero constrúese en principio soamente unha das calzadas, que queda funcionando coma carretera.
Pero non fan ben ese traballo. Están trazadas coma unha autopista, sin ter en conta a necesidade de adiantar, e pídenche que vaias a 120 pero prohíbenche pasar de 100. Son peores que as carreteras que deberían sustituír, e a única solución é fuxir cara adiante, unha vez máis, e acabar de construi-las autovías. Entre Sarria e Monforte, entre A Espiñeira e Viveiro.
Agora, despois de cinco anos en recesión, o país parece non ter cartos para paga-lo estado de benestar, o presuposto de Fomento baixa xeométricamente cada ano e as posibilidades de que acabe existindo unha autovía entre A Espiñeira e Viveiro vense diminutas dende o volante do meu Clío.
E aínda así, un intenta non ser moi fatalista porque pensa que o que hai que facer é aguantar máis ou menos o que a vida lle pon por diante e seguir avanzando; pero mentras sae da autovía e se ve cruzando a calzada por debaixo dunha ponte e circulando aínda 800 metros máis por unha clotoide interminable construida exclusivamente porque había que facerlle sitio a un puñetero corredor antes de chegar á rotonda na que dunha vez por todas consigue da-la volta, solo para inmediatamente despois ter que volver repeti-lo camiño pola mesma clotoide e outra vez por debaixo da autovía e despois por arriba, coma un parvulito aprendendo a ata-los tenis, ve perfectamente clara, coma McKie, unha liña zigzagueante de causas e consecuencias que parte dos desempleados de Alabama que recibiron hipotecas subprime e cruza o globo de punta a punta, pasando por Harry, Emanuel e Mayer Lehman, Angela Merkel e o BCE ata chega ós que proxectaron o corredor de Viveiro, un complot internacional que tardou varios anos en producirse e costou millóns de dólares para crear un enorme furacán noutra punta do mundo e facer con el que unha pequena avelaíña aletease un pouco na Espiñeira e me jodese a tarde.

Ningún comentario: