xoves, 28 de novembro de 2013

O caso de Ángel Serafín de Dios

"Serafín de Dios". Fixeime ó pasar por diante da placa, pero non fun moito máis aló de preguntarme si serían realmente os seus apelidos, si non sería unha casualidade moi grande. Despois, na clase, por non atender ós pórticos hiperestáticos, estuven pensando no cartel, e máis específicamentene nesa "A.", e esto é o que se me ocurriu:
Veredes, dame a sensación de que no colexio ou na mili se tiveron que burlar do bon de A. por ser un Serafín de Dios. Partindo desa base, si se chamara Antonio, ou Andrés ou Andrea, bastaríalle con poñer na placa soamente o nome e o primeiro apelido, "Antonio (ou Andrea) Serafín", e non tería que revivi-los seus traumas xuveniles. A única explicación que se me ocurre é que tivese que resignarse a poñe-lo apelido completo -pese ás malas memorias- porque a alternativa era peor e o seu nome é Ángel. Esto é, Ángel Serafín de Dios.
Si ese fose o caso, pódese pensar que hai ademáis unha certa lóxica en que os pais se decidisen a poñerlle Ángel. Si a Divina Providencia dispuxo que o home Serafín encontrase no seu camiño a unha pía muller de Dios e xurdise o amor, ¿non sería acaso eso unha proba da existencia divina, non sería unha revelación, un milagre? ¿Non era acaso xusto e necesario que lle consagraran ó seu fillo varón para corresponde-la honra de ter sido tocados coa gracia divina?
É máis, pregúntome si o apelido Serafín non será a marca sacra que unxe a unha estirpe de santos varóns que se foron pasando de xeración a xeración, dun mortal eslabón da cadena ó seguinte, o deber celestial de encontrar unha muller co improbable apelido "de Dios", para con ela enxendrar a un anxo, a un ser bon e puro. Imaxínoos vixilando nas sombras á familia de Dios, polos siglos dos siglos protexéndoos coma anxos gardiáns ata que chegase o momento exacto, a diferencia de idade precisa, a xeración adecuada.
E imaxínoos infinitamente fermosos e rindo con sorrisos dúas veces seráficos, mirando a través do cristal da sala de maternidade do hospital á pícara de Dios, bendita entre tódalas mulleres, mentras acariciaban cariñosamente o pelo do neno Serafín ó que lle correspondería a misión de enamorarse dela.
Ata non fai moito, era artículo sabido que os nenos non bautizados, incluso os neonatos, iban ó paraíso directamente. Nos anos finais da súa vida, sin embargo, o Papa Wojtyla decretou que, ó non ter recibido a gracia de Dios, non poderían ir ó ceo e terían que espera-lo xuízo final no limbo. Creo recordar que tal revelación se lle fixo tan cruel ós cristianos que Benedicto, pouco despois de ser unxido, lles volveu concede-las chaves do ceo.
Chámenlle como lle chamen, supoño que ambos saben que en realidade os pícaros van á Coruña, a un 5º piso onde, nunha sala de espera similar á da consulta dun pediatra ou dun psicólogo infantil, o especialista en niños os vixila eternamente, mentras sona o fío musical.

Ningún comentario: