mércores, 20 de outubro de 2010

Came here for the carne ó caldeiro, stayed just for the heck of it

Fai uns días, publiquei unha entrada referente ás Google Statistics do meu blog. Acabeina borrando, en primeiro lugar porque estaba vacía de contido, e parecía tratar de disimulalo cun montón de links (a razón principal, si vos digo a verdade, é que acababa de aprender a poñelos e emocioneime un pouco); e en segundo lugar, porque todo partía dunha idea equivocada.
Supuxen que a xente buscaría en masa "Jessica Alona is a bitch" despois de indagar un pouco na intrahistoria de "La red social", así que a pobre de Jessica Alona, se tivera un blog con Google Statistics, acabaría deprimida ó ver cal era a súa fonte principal de tráfico.
O que pasa é que si googleas "Jessica Alona is a bitch" non chegas ó blog de ningunha Jessica Alonan (nin a nungunha páxina de facebook, merece a pena señalar), así que finalmente acabei con unha entrada ridícula coronada por un chiste sin gracia.
"Existe unha entrada moi típica en moitos blogs que sigo: consiste en ver qué buscaban en Google inicialmente os que acabaron no teu blog. Normalmente encóntanse cousas curiosas, coma en automatics, donde fixeron dúas entradas ó respecto.As miñas estadísticas dan pena, solo entrou unha persona desde Google e tecleou "Blog pedestre de Noé". Probablemente fose eu. Pero bueno, peor serán as de Jessica Alona"
Recupéroa agora cheo de orgullo e satisfacción porque alguén chegou a este blog tecleando "carne o caldeiro"

Un lugar perfecto para un negocio burgués decadente


Na esquina inferior da Plaza de Monforte hai un local que durante varios anos estuvo ocupado por unha tenda de comida delicatessen.
Tal vez demasiado luxoso para os Mallos, non acabou de triunfar e pechárono fai un par de meses.
No seu lugar abriron unha peluquería canina.